miércoles, 20 de mayo de 2009

lunes, 11 de mayo de 2009

O Taller: Un títere en 4 minutos

Tipos de Títeres: Títere de varilla


Son aqueles cuxo movemento conséguese articulando os membros do boneco e movéndoos mediante unhas varillas.
Existen moitos tipos de monicreques de varilla. Unha descrición un pouco máis ampla podería ser a seguinte:
Boneco que consiste nun vástago central como armazón do corpo, que se sostén sobre unha peana, e dous brazos a cuxos extremos van suxeitas dúas varillas de metal ou madeira.
Pode ser manexado por unha ou dúas persoas, unha suxeitando a parte do corpo e outra controlando o movemento dos brazos.
Na peana central pode ter incorporada unha "pistola", é dicir, un mecanismo, normalmente de madeira, desde o cal pódense controlar os movementos de partes da cabeza ou o rostro do monicreque: como os ollos, a boca, as cellas, etc.
A súa vez estes títeres poden combinarse con outras técnicas, por exemplo, con luva para o movemento da cabeza e varillas para o das mans; tamén, e no mesmo sentido que no anterior, podemos ver a utilización de "muppets" para a cabeza (que a diferenza do anterior, pode ter movemento de boca) e varillas para o movemento dos brazos e mans.

Actualidad: www.fantoches.org a web do Festival de Títeres de Redondela


Xa está activa a web do Festival de Títeres de Redondela.
Aquí está a presentación do evento:

O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo) vai conmemorar o seu décimo aniversario nunha festiva edición que se celebrará do 18 ao 24 de Maio de 2009. De novo as rúas, prazas e xardíns da vila servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias.

A organización do evento, compartida pola ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do FESTIVAL, presentando nesta ocasión os traballos e espectáculos de compañías profesionais de: Benin, Brasil, Arxentina, Francia, Alemaña, Eslovenia, Bélxica, Italia Castela-León, Andalucía, Aragón, Cataluña e Galicia. Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, títeres tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos,animación de rúa e unha chea de sorpresas.

Seguindo a filosofía do seu creador, Juanjo Amoedo, o FESTIVAL continúa na liña de involucrar na súa celebración a maior cantidade posible de institucións, de sectores sociais e de xentes da vila , para manter este acontecemento como a maior manifestación cultural de Redondela.
Así, o FESTIVAL conta xa có apoio económico de diversas institucións políticas, económicas e sociais de índole estatal, autonómica, provincial e local, e na súa organización participan de forma voluntaria arredor de 50 persoas procedentes de diferentes colectivos e agrupacións locais que conforman a ASOCIACION XENTE TITIRITEIRA.

Na pasada edición de 2008 superóuse sobradamente a cantidade de 25.000 espectadores nas diferentes seccións da programación: escolar, adultos, familiar e de rúa , polo que as previsións para este ano son inmellorables e espéranse arredor de 30.000 asistentes

Ademáis, os títeres e marionetas chegarán tamén, coma en pasadas edicións, as vilas de Moaña , O Porriño e O Grove...

www.fantoches.org

O Taller: Facendo un títere de luva