lunes, 11 de mayo de 2009

Tipos de Títeres: Títere de luva

Os títeres de luva son aqueles bonecos que se manipulan colocando a man no seu interior. Chámanse de luva porque o vestido que levan aseméllase a unha luva e adáptase perfectamente á man do titiritero. Ao ser o movemento do boneco o mesmo que efectúa a man, confírelles unha axilidade sorprendente e inimitable por calquera outro tipo de bonecos.

A continuidade física, entre manipulador e figura traduce directamente o xesto do primeiro ao xesto da segunda.




Os títeres de luva á súa vez diferéncianse no manexo:
  • Clásico: dedo índice para a cabeza, corazón e pulgar para os brazos (ás veces tamén meñique e pulgar)
  • Catalán: dedo índice, corazón e anular para cabeza e ombreiros, meñique e pulgar para os brazos.
  • Xaponés: a cabeza leva na súa base unha bóla que se suxeita entre os dedos índice e corazón e as mans van enganchadas directamente nos dedos pulgar e meñique. O traxe vai colocado posteriormente sobre a man.

Nas súas orixes, o espectáculo de títeres de luva era rudo e violento. En Sicilia, é o teatro de Polichinela: elemental e enigmático rito de loita e morte, que recibe outros nomes en distintos países: Punch e Judy en Inglaterra, don Cristóbal Polichinela en España, Petruska en Rusia. En todos eles o protagonista dialogaba co público e implicábao nunha alegre serie de asasinatos que se estendían desde os veciños ata os representantes do poder: o policía, o verdugo, e os personaxes sobrenaturais: a morte, o diaño.

Variacións: Un tipo de titere que se podria considerar como unha variacion é aquel en que se pode abrir e pechar a súa boca, grazas a que é de maior tamaño e ten a boca articulada; coa outra man móvese un dos brazos do monicreque. Para mover o outro brazo necesítase un axudante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario