1. Cada participante presentará os títeres de deseño propio no local O Escondidiño (Rúa Meixón Frío - Redondela) antes do día 21/5/2009 acompañado dun sobre fechado cos seus datos. No exterior do sobre figurará o título do títere.
2. A técnica de realización do títere é libre
3. O 22/5/2009 un xurado formado por artistas participantes no Festival Internacional de Títeres de Redondela seleccionará un Primeiro Premio, dous Segundos Premio e 3 Accesits. A entrega de premios farase esa tarde no marco do Festival Internacional de Títeres de Redondela.
4. O Primeiro Premio recibirá uha comida cos titiriteiros presentes no Festival, unha camiseta conmemorativa, dúas entradas para o festival e un lote de cervexas.
5. Os Segundos Premios recibirán unha camiseta conmemorativa, dúas entradas para o festival e un lote de cervexas.
6. Os Accesits recibirán unha camiseta conmemorativa
7. Os títeres permanecerán en exposición no local ata o 30/7/2009. Finalizado ese tempo, os participantes poderán recollelos no local.
8. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.
lunes, 6 de abril de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario