




Os títeres de luva son aqueles bonecos que se manipulan colocando a man no seu interior. Chámanse de luva porque o vestido que levan aseméllase a unha luva e adáptase perfectamente á man do titiritero. Ao ser o movemento do boneco o mesmo que efectúa a man, confírelles unha axilidade sorprendente e inimitable por calquera outro tipo de bonecos. Nas súas orixes, o espectáculo de títeres de luva era rudo e violento. En Sicilia, é o teatro de Polichinela: elemental e enigmático rito de loita e morte, que recibe outros nomes en distintos países: Punch e Judy en Inglaterra, don Cristóbal Polichinela en España, Petruska en Rusia. En todos eles o protagonista dialogaba co público e implicábao nunha alegre serie de asasinatos que se estendían desde os veciños ata os representantes do poder: o policía, o verdugo, e os personaxes sobrenaturais: a morte, o diaño.
Variacións: Un tipo de titere que se podria considerar como unha variacion é aquel en que se pode abrir e pechar a súa boca, grazas a que é de maior tamaño e ten a boca articulada; coa outra man móvese un dos brazos do monicreque. Para mover o outro brazo necesítase un axudante.